Skip to main content

Cervim e viticultura de montaña

http://rutadelvinoribeirasacra.org/sites/rutadelvinoribeirasacra.org/files/imagen-izquierda-contenido/botellaycopa_1.jpg

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pertence ao CERVIM, organismo internacional que se encarga de pór en valor e difundir a viticultura de montaña ou Viticultura Heroica. Un tipo de viticultura cunhas características que a fan especialmente complexa e da que poden presumir moi poucas Denominacións no mundo, entre elas Ribeira Sacra. 

Estes viñedos deben ter dificultades estruturais permanentes como:
.Altitude superior a 500m.
.Pendente do terreo superior ao 30%.
.Viñedo en socalcos ou terrazas.
.Pequenos viñedos.
 
As D.O. asociadas ao Cervim teñen no Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta a cita máis importante para este tipo de viticultura, tan exclusiva. Os viños da Ribeira Sacra adoitan traer grandes satisfaccións desta cita.