Skip to main content

A D.O.

http://rutadelvinoribeirasacra.org/sites/rutadelvinoribeirasacra.org/files/imagen-izquierda-contenido/botellaycopa.jpg

A D.O. Ribeira Sacra constitúese en 1996 para protexer a orixe, garantir a calidade e promocionar os seus viños. A Denominación distribúese en 5 subzonas: subzona de Amandi, subzona de Chantada, subzona de Quiroga-Bibei, subzona de Ribeiras do Miño e subzona de Ribeiras do Sil.

 

 
Ribeira Sacra foi historicamente zona de produción de viño. Primeiro foron os romanos, na idade media os monxes difundiron o cultivo da vide e no século XX, logo dun período difícil, a viticultura toma un novo impulso.
 
Coa creación da Denominación de Orixe Ribeira Sacra o sector profesionalízase e desde o mundo do viño rehabilítanse os viñedos en socalcos e recupérase a paisaxe. O viño é hoxe un sector puxante e dinámico e un dos principais motores económicos da zona e impulsor definitivo da Ribeira Sacra como destino turístico.
 
A determinación e o esforzo dos homes e mulleres da Ribeira Sacra dan lugar, cada ano, a un viño singular, con marcada personalidade, manifesto do seu territorio de orixe.
 
No Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra están inscritas, na actualidade, máis de 1.200 hectáreas de viñedo que cultivan, aproximadamente, 3.000 viticultores, embotellando o produto baixo o amparo da D.O. un cento de adegas. A produción de uva dentro do Consello Regulador sitúase ao redor dos 7.000.000 de quilos nunha das paisaxes vitícolas máis espectaculares e fermosas do mundo.
 

mapa_bodegas.jpg