Skip to main content

Feiras do viño

http://rutadelvinoribeirasacra.org/sites/rutadelvinoribeirasacra.org/files/imagen-izquierda-contenido/botellaycopa_4.jpg

Un elemento tan emblemático en Ribeira Sacra como é o viño merece, non unha, se non varias feiras do viño para gozalo. Unha das máis populares e concorridas é a Feira do Viño de Amandi, que cada fin de semana do Domingo de Ramos se celebra en Sober. A cita chegou no 2012 á XXXII edición e está recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia.

A Feira do Viño de Chantada, cita obrigada, é a encargada de abrir a secuencia de feiras e tamén supera a trintena de edicións.

A Feira do Viño de Pantón é tamén importante referente onde os adegueiros presentan o seu produto ao público.

O primeiro fin de semana de maio ten lugar a cita máis tradicional, polo escenario no que se desenvolve: a Cata do Viño de Vilachá de Salvadur. A degustación dos viños lévase a cabo dentro das centenarias adegas de pedra, onde tamén se celebran comidas e actuacións musicais. Celébrase o primeiro fin de semana de maio.

A demanda deste tipo de actividades, vinculadas á exaltación do viño, fixo que se promovesen interesantes propostas noutros municipios nos últimos anos, como a Festa do Viño da Peroxa, a Feira do Viño de Castro Caldelas e a Feira do Viño de Belesar.

Consultar calendario