Skip to main content

Onde?

http://rutadelvinoribeirasacra.org/sites/rutadelvinoribeirasacra.org/files/imagefield_default_images/uvas.jpg

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra esténdese polo territorio da D.O. Ribeira Sacra, unha vintena de municipios distribuídos entre o sur da provincia de Lugo e o nordés da provincia de Ourense. Os municipios que forman parte da Denominación de Orixe son: Portomarín, Paradela, O Saviñao, Pantón, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas do Sil, Taboada, Chantada, Sober, Carballedo e A  Peroxa na provincia de Lugo; Parada do Sil, Manzaneda, A Teixeira, Castro Caldelas, A Pobra de Trives, San Xoán de Río e Nogueira de Ramuín na provincia de Ourense.

 
Estamos ante un territorio marcado pola presenza dos ríos Miño e Sil, pero cheo de ríos menores. Definen a paisaxe as ladeiras dos ríos cubertas de viñedo en socalcos, os canóns dos ríos e as numerosas igrexas e mosteiros esparexidos por todo o territorio, de aí o nome de Ribeira Sacra.
 
A diversidade paisaxística é unha característica da zona, ás ribeiras cheas de vides hai que sumar os bosques autóctonos, principalmente de castiñeiros e carballos, zonas de montaña como Cabeza de Manzaneda ou o Faro e os espazos de ribeira con vexetación propia non asociada á viticultura.
 
Ribeira Sacra é un espazo de maxia e tradición, de verdes e amarelos, un espazo de pedra,… pedra nas muras dos socalcos, pedra nos mosteiros e igrexas, pedra nas pontes, torres e fortalezas. Pedra. Vas peder a oportunidade de vivir esta experiencia?