Skip to main content

RUTA ENOTURÍSTICA POLA RIBEIRA SACRA

   O próximo sábado 3 de maio de 2014 a RUTA DO VIÑO DE RIBEIRA SACRA organiza unha ruta enoturística que inclúe a ruta de sendeirismo da Cubela que transcorre polo concello de Ribas de Sil, comida, visita cultural e a unha adega.                                         O punto de encontro será en Castro de Abaixo que é o lugar de inicio da ruta de sendeirismo ás 9:30 horas.

A xornada comezará con esta ruta de sendeirismo de dificultade media, que ten unha distancia aproximada de 13 quilómetros e se prevé dunha duración aproximada de 4 h.

Despois da ruta gozarase dunha comida en Ribas de Sil.

Pola tarde realizaranse as visitas ao Museo Etnográfico Minicipal de Quiroga e á adega de Manuel Mondelo Rodríguez en Bendollo (Quiroga).

As prazas son limitadas e a actividade ten un custo de 20,00 €/persona, é necesario inscrición previa nos teléfonos: 698 167 991 / 982 410 968 ou correo electrónico: rutavino@ribeirasacra.org