Skip to main content

SEMANA SANTA EN RIBEIRA SACRA

Esta Semana Santa ven a Ribeira Sacra e goza de todas as actividades que se van levar a cabo. Ademais poderás gozar dos establecementos asociados á Ruta do Viño que ofrecen ofertas e paquetes especiais en aloxamentos, menús, entradas a museos e centros de interpretación, visitas guiadas a adegas....

Sábado 12 e Domingo 13: Feira do Viño de Amandi en Sober (Lugo)

Venres 18 e Sábado 19: Viñobús especial Semana Santa, con catro rutas diferentes e saídas dende Ourense, Monforte, Santo Estevo e Pantón.

Información e reservas: 638 823 592

Venres 18 e Sábado 19: Visitas ao Románico de Ribeira Sacra, con saídas garantidas ás 10:30 h. para visitar o Románico de Pantón-Sober e o de Taboada-Chantada.

Información e reservas: 646 533 229

Sábado 19 e Domingo 20: Feira Medieval en Monforte de Lemos durante os dous días e durante toda a xornada se van levar a cabo actividades variadas e grande animación no casco histórico de Monforte.