Skip to main content

XORNADA DÍA EUROPEO DO ENOTURISMO 2014

O domingo día 9 de Novembre de 2014 a RUTA DO VIÑO DA RIBEIRA SACRA organiza unha xornada especial con motivo do Día Europeo do Enoturismo.

web-jornada-dia-europeo-enoturismo.jpg

 

A xornada inclúe unha variante da ruta de sendeirismo PR-G 98  “Cañón do Sil – Santa Cristina” duns 10 quilómetros de distancia y de dificultade media, que transcorre polo concello de Parada de Sil (Ourense), visitando no seu percorrido o miradoiro dos “Balcóns de Madrid” e o Mosterio románico de Santa Cristina de Ribas de Sil; ademais durante todo o traxecto poderanse ver os espectaculares paisaxes da zona e o seu especial colorido nesta época do ano.
 

Unha vez finalizada a ruta de sendeirismo gozarase dunha comida en Parada de Sil con productos de tempada típicos da zona maridados con viños de Ribeira Sacra.
A xornada finalizará coa visita a unha adega no concello de A Teixeira (Ourense).

Os lugares de encontro y de saída son: ás 09:00 h. dende o aparcadoiro dos Parque dos Condes en Monforte de Lemos o ás 10:00 h. dende a Praza do Barquilleiro en Parada de Sil.
O inicio da ruta de sendeirismo será no punto de Fondo da Vila.
 

As prazas son limitadas e a actividade ten un custo de 20 € por persoa.

 

Para inscrición e información:
698 167 991  / 982 410 968  
e-mail: rutavino@ribeirasacra.org