Skip to main content

Tipos de viño

http://rutadelvinoribeirasacra.org/sites/rutadelvinoribeirasacra.org/files/imagen-izquierda-contenido/botellaycopa_0.jpg

Os tipos de viño amparados pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra poden ser Ribeira Sacra e/ou Ribeira Sacra Súmmum.
Estes últimos son os tintos elaborados, como mínimo, cun 85% de variedades tintas preferentes, sendo a variedade Mencía, polo menos, un 60% do total. E tamén se atribúe aos brancos, que teñen que estar elaborados coas variedades brancas preferentes. Só poderán facer referencia á variedade os viños Ribeira Sacra Súmmum elaborados cun mínimo do 85% da variedade que se mencione.
 
 
Por outra banda, serán Ribeira Sacra os tintos elaborados, como mínimo, cun 70% de variedades tintas preferentes.
 
Os viños amparados pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra poden facer mención do termo Barrica se cumpren as seguintes condicións:
a) No caso dos viños tintos, deberán permanecer un mínimo de seis meses en barricas de madeira. 
b) No caso dos viños brancos, deberán permanecer un mínimo de tres meses en barricas de madeira. 
Se un viño é presentado a cualificar como barrica, obrigatoriamente deberá facer mención a este termo na súa etiquetaxe.