Skip to main content

Viticultura heroica

http://rutadelvinoribeirasacra.org/sites/rutadelvinoribeirasacra.org/files/imagen-izquierda-contenido/botellaycopa_3.jpg

Ribeira Sacra é un dos maiores expoñentes do que se coñece como viticultura heroica. O termo refírese a unhas condicións do terreo que complican, especialmente, o traballo coas cepas e que fan que viticultores e adegueiros desafíen á vertixe desde os socalcos.

 

 
A distribución do viñedo en terrazas ou socalcos para salvar a pendente do terreo, que pode chegar ao 100%, xera un espazo que impide a mecanización. Fóra de raís puntuais nalgunhas viñas para trasladar caixas en vendima, todo o traballo fano as mans, os brazos e as costas dos viticultores e adegueiros; á vez que moverse entre as cepas é un exercicio de acrobacia. A viticultura heroica ten o seu punto álxido e máxima expresión durante a vendima.
 
Desde 2011 o CERVIM conta cun selo específico que define este tipo de viticultura e que en España, só un par de Denominacións de Orixe pode utilizar, unha delas é Ribeira Sacra.