Skip to main content

Casa O Torgal

Esta casa foi construída nos anos 50 e restaurada recentemente, conservando a fachada típica das casas construídas neses anos pola zona. No interior poderán disfrutar de todas as comodidades necesarias para facer a súa estancia moi agradable.
 
Dispón de 6 habitacións exteriores con baño, calefacción, unha delas acondicionada para minusválidos. Ademais a casa conta cunha pequena sala de estar con galería, recepción e un salón no que hai unha pequena cociña para autoservizo dos hóspedes.
Contacto e reserva: 
Praza O Barquillero n°3.
32740. Parada de Sil.Ourense
Tel.: +34 988 20 80 13 / 607 46 67 32
Fax.: +34 988 20 80 13
www.otorgal.com
info@otorgal.com
gps: 42°22'57,79''N 7°34'5,13''W
Calendario de apertura: 

Todo o ano.

Casa Grande de Cristosende

Espléndida mostra da arquitectura do século XVII, casa de noble canteiría e pranta rectangular, destinada ao Turismo Rural. É un destacado exemplo da recuperación do patrimonio artístico, que conservando as características das casas palacianas aristocráticas da época, unha gran portada en arco con escudo heráldico e un fermoso patio interior cunha coidada columna de capitel xónico arredor do cal xira a vida na casa, é o rincón perfecto para disfrutar da tranquilidade, e da gran beleza paisaxística e monumental da zona. A perfecta elección do mobiliario en toda a casa e especialmente nas súas habitacións, nas que destacan os asentos de pedra nos derrames das fiestras, xunto cos coidados servizos que ofrece, fan que a estancia nela sexa acolledora e inesquecible.
 
A pranta baixa da casa, que nas súa orixes estaba destinada a adega e cortello, acolle actualmente a cafetería, o restaurante, a recepción e unha habitación habilitada para minusválidos. Todo rodeando a un fermoso patio interior arredor do cal xira a vida na casa. Na primeira pranta están ubicadas seis habitacións dobres dotadas de baño completo, calefacción, televisor e teléfono; tamén hai unha sala de lectura con galería. Nesta pranta está tamén un apartamento que ocupa o lugar dunha antiga adega e proxecta as súas vistas cara ao patio da Casa.
Contacto e reserva: 
Cristosende 31
32765 A Teixeira. Ourense
Tel.: +34 988 20 75 29
Fax.: +34 988 20 75 30
www.casagrandecristosende.com
reservas@casagrandecristosende.com
gps: 42°23'11,97''N 7°29'18,01''W
Calendario de apertura: 

Todo o ano.

Aloxamento Rural Prádio

Antiga casa de pedra (datada en 1866) completamente rehabilitada con estilo e deseño vangardista. A casa ten 7 habitacións dobres totalmente equipadas con baño con ducha, TV-DVD e estufa de leña. As salas comúns son o salón-patio-interior, a sala de lectura, a sala de cine e o comedor. A casa ofrece unha ampla gama de actividades organizadas, así como a posibilidade de visitar a Adega e viñedos que se atopan a 10 minutos en coche.

Contacto e reserva: 
A Peroxa, 68
32150 Ourense
Tel.: +34 988 206 898 / +34 616 799 077
Fax.: +34 988 206 898
www.pradio.org
pradio.rs@gmail.com
gps: 42°26'22,61''N 7°47'40,01''W
Calendario de apertura: 

Durante todo o ano.

Aloxamento Rural Casa das Xacias

Antiga casa restaurada de aluguer completo, con moito encanto e acolledora. Situada nunha contorna privilexiada, en pleno corazón da Ribeira Sacra, á beira do encoro de Belesar e os Canóns do río Miño. Conta cunha ampla leira e horto propio. Pon a disposición dos clientes cociña, salón con cheminea e grellada e 6 habitacións con baño para que se sintan coma na casa.

Contacto e reserva: 
Airo, 3. Pesqueiras
27516 Chantada. Lugo
Tel.: +34 616 817 642
www.asxacias.com
casadasxacias@telefonica.net
gps: 42°38'00,12''N 7°44'25,24''W
Calendario de apertura: 

De Marzo a Decembro.

Quinta Sacra

Quinta Sacra ofrece ao visitante a posibilidade de deseñar unha carta persoal de rutas fluviais para que poida elixir, segundo as súas preferencias, que facer e como investir o seu tempo de lecer nun percorrido de enorme valor paisaxístico. Non deixes de apuntarte a algunhas das experiencias á carta que propón esta empresa de turismo exclusivo, percorrer o Miño en lancha neumática, bañarte en fervenzas virxes do río e contratar un picnic con chef ou participar na cata de viños fronte ao Cabo Do Mundo.
Quinta Sacra dispón de embarcacións neumáticas dotadas das máis altas prestacións en materia de seguridade e navegabilidade- coas que se pode acceder a recunchos e paraxes insólitas da Ribeira Sacra. (Máximo, doce persoas).

Contacto e reserva: 
San Miguel de Vilela n. 8.
27596.Taboada Lugo
Tel.: +34 637 47 82 60
www.quintasacra.es
turismo@quintasacra.es
gps: 42°35'34,43''N 7°43'30,24''W
Calendario de apertura: 

Desde Marzo ata Novembro.

Enoteca Centro do Viño

Esta tenda-enoteca está situada en pleno centro de Monforte de Lemos, no mesmo edificio que o Museo e Centro de Interpretación do Viño e o Consello Regulador. Forma parte da visita guiada e nel pódense adquirir todas as marcas de viño da D.O. Ribeira Sacra ademáis doutros accesorios relacionados todos eles coa actividade á que fai referencia este lugar.

Contacto e reserva: 
Centro do Viño da Ribeira Sacra
Rúa Comercio, 6
27400 Monforte de Lemos. Lugo
Tel.: +34 982 105 303
www.centrovino-ribeirasacra.com
info@centrovino-ribeirasacra.com
gps: 42°31'20,76''N 7°30'47,50''W
Calendario de apertura: 

VERÁN (01/07-01/10): Martes a Domingo: de 11:00 a 15:00 h. e de 17:00 a 21:00 h. Luns pechado. INVERNO: Martes a Sábado: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h. Domingos: de 11:00 a 15:00 h. Luns pechado.

Olería Alto do Couso

Obradoiro de cerámica. Olería que fabrica pezas de barro tradicional, cerámica artística y de vimbio, macetas, fontes de pedra envellecida, cerámicas antigas e regalos especiais

Contacto e reserva: 
Alto do Couso
32720 Esgos. Ourense
Tel.: +34 988 290 080
Fax: +34 988 290 086
www.alfareriacouso.com
info@alfareriacouso.com
gps: 42°24'29,69''N 7°28'41,06''W
Calendario de apertura: 

Durante todo o ano.

Centro Oleiro Rectoral de Gundivós

Edificio de construción noble do século XVIII restaurado como centro de interpretación da olaría e ubicado en Gundivós, unha aldea con gran tradición oleira.

 
Dentro encóntrase a propia olaría, onde o visitante coñecerá todas as curiosidades relacionadas con esta actividade: pezas antigas, demostracións e, ao mesmo tempo, poderá disfrutar da riqueza patrimonial que lle ofrece a súa contorna.
Contacto e reserva: 

Igrexa de Gundivós

27460 Sober. Lugo
Tel.: +34 626 966 280
www.rectoraldegundivos.com
eliasgundivos@yahoo.es
gps: 42°26'46,34''N 7°32'25,90''W
Calendario de apertura: 

Durante todo o ano. Horario flexible. Grupos: cita previa. Exposición e venda de olaría. De 10:30 a 13:30 h. e de 16:00 a 20:00 h.

Rectoral de Castillón

Lugar idílico onde disfrutará dunha comida tradicional pero innovadora, a base de produtos de tempada e da máis alta calidade. Su ubicación é perfecta, a 10 Km da ribeira do río Miño e a 20 km da do Sil. Conta cunha ubicación estratéxica para visitar puntos de interese da comarca así como a posibilidade de contratar actividades de lecer moi diversas.

Contacto e reserva: 
Santiago de Castillón, 37
27430 Pantón. Lugo
Tel.: +34 982 455 415
Fax.: +34 982 455 436
www.rectoraldecastillon.com
rectoraldecastillon@rectoraldecastillon.com
gps: 42°32'9,27''N 7°38'19,55''W
Calendario de apertura: 

Durante todo o ano (pechado os luns e 3 semanas en xaneiro).

O Remanso dos Patos

Gastronomía galega cun lixeiro toque francés.

Contacto e reserva: 
Lugar Penalba N° 16
32448. Nogueira de Ramuin. Ourense
Tel.: +34 988 20 03 04
Fax.: +34 988 77 70 23
www.oremansodospatos.com
natacha@oremansodospatos.com
gps: 42°26'11''N 7°44'53''W
Calendario de apertura: 

Dende o 15 de Xullo ao 15 de Setembro aberto todos os días. Pechado do 9 de xaneiro ao 28 de febrerio. O resto do ano de Mercores a Domingo.