982 410 968 - 698 167 991    rutavino@ribeirasacra.org
Ruta do Viño. Ribeira Sacra

Parador de Santo Estevo


recepción.stoestevo@parador.es
http://www.parador.es/es

Monasterio de Sto. Estevo. 32162 Nogueira de Ramuín
Localización: 42.417286,-7.686528

Este mosteiro benedictino, situado en pleno centro da Ribeira Sacra, espazo natural de orixinal beleza onde conflúen os ríos Miño e Sil é un dos centros monásticos de Galicia e hoxe en día un dos seus referentes turísticos.

A existencia do mosteiro está probada no século X, se ben a súa orixe parece remitirse aos séculos VI e VII.

Neste mosteiro altérnanse estilos dende o Románico ao Barroco e cabe suliñar os tres claustros (románico, gótico e renacentista).

O edificio foi declarado Monumento Histórico Artístico no ano 1923. O Hotel conta cun total de 77 habitacións, distribuidas ao longo de tres claustros de estilos e épocas distintas.

Destacan as habitacións por ser todas diferentes, e algunhas delas, con vistas impresionantes sobre a paisaxe dos Canóns do río Sil. 

O Hotel dispón de restaurante con terraza ao lado do bosque de castaños, cafetería con terraza no claustro da portería, salóns e preciosos xardíns.


Calendario de Apertura

Aberto dende o 17 de Febreiro ao 4 de Xaneiro.


Agader
Xunta de Galicia
Galicia
Feader
Ministerio de Agricultura y Pesca. Alimentación y Medio Ambiente