982 410 968 - 698 167 991    rutavino@ribeirasacra.org
Ruta do Viño. Ribeira Sacra

Parador de Monforte de Lemos


monforte@parador.es
http://www.parador.es/

Plaza Luís de Góngora e Argote, s/n. 27400 Monforte de Lemos
Localización: 42.524014,-7.511656

Na parte máis alta da vila de Monforte de Lemos está situado o Conxunto Monumental de San Vicente do Pino formado pola Torre do Homenaxe, o Mosteiro de San Vicente do Pino e o Pazo dos Condes de Lemos, incluíndo estes dous últimos as instalacións do Parador de Monforte.

A orixe do mosteiro data do século IX, aínda que o edificio actual que substitúe a outra construción anterior construíuse no século XVII en estilo neoclásico. O edificio do mosteiro conta cun claustro central neoclásico de cantería moi ben labrada, e que ofrece o maior interese arquitectónico do monumento.

O mosteiro converteuse agora, tras a súa restauración nun Hotel con 50 habitacións, distribuídas ao redor do claustro central e un edificio anexo denominado "Casa do Monte forte", con capacidade total para 100 prazas.

Conta cun restaurante especializado en comida rexional e cafetería.

O Parador dispón dun ximnasio, jacuzzi e piscina de tempada.

O Parador dispón de numerosas salas para a realización de Banquetes, Convencións, Reunións, etc.


Calendario de Apertura

Pechado do 3 de Xaneiro ao 16 de Febreiro.


Agader
Xunta de Galicia
Galicia
Feader
Ministerio de Agricultura y Pesca. Alimentación y Medio Ambiente